Decembro 10th, 2009 at 9.10 p.m.
O 22 de abril de 2009 creaba o blog Aprendo en galego para dar conta de todo tipo de materiais e iniciativas útiles para aprender que teñan como lingua vehicular o galego. Esta iniciativa non pretendía limitarse ao ensino da lingua e literatura galegas senón que tiña por obxecto calquera materia ou disciplina. A falta de tempo e a dificultade de decidir como estruturar diferentes niveis e materias fixeron que ata hoxe só teña publicadas sete entradas.
Afortunadamente hai uns días xurdiu unha nova iniciativa moito mellor que ese blog que vén da man dos ENDL e ETIC do IES da Pobra do Caramiñal. Trátase da wiki Materiais na rede para secundaria que ten como finalidade realizar unha recompilación colaborativa de calquera material en galego destinado a este tramo educativo referido a calquera contido menos as linguas. A aparición desta wiki e as noticias dun proxecto semellante para as aulas de lingua e literatura fan que desbote o meu proxecto e me sume a esta nova iniciativa convidándovos aos que por aquí pasades a que tamén colaboredes nela e a difundades entre o profesorado que coñezades.
Xullo 12th, 2009 at 10.56 p.m.

En Bibliolaxe, o blog da biblioteca do IES Auga da Laxe de Gondomar atopamos a ligazón para unha páxina de XOGOS que preparou o alumnado de 1º de Bacharelato coa profesora de Tecnoloxía, Elena Fernández, a partir de diferentes libros de Agustín Fernández Paz.
As obras nas que se basean os xogos son:
A cidade dos desexos
As flores radiactivas
Contos por palabras
Rapazas
Unha lúa na fiestra
Trece anos de Branca
Cartas de inverno
Amor dos quince anos, Marilyn
Aire Negro
No corazón do bosque
Noite de voraces sombras
Tres pasos polo misterio
A escola dos piratas
O centro do labirinto
Corredores de sombra
O raio veloz
O único que queda é o amor
Xuño 18th, 2009 at 11.12 p.m.

Chega un novo recurso publicado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Xoga con Fervello é un conxunto de 11 xogos para nenos e nenas de 3 a 5 anos estruturados a través de 4 unidades e protagonizados por Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can). Neles trabállanse as habilidades básicas nestas idades: memoria visual, auditiva e numérica, atención, coordinación óculo-manual, asociación, razoamento, discriminación, linguaxe, corpo humano, imaxinación e creatividade.
Ofrece tamén unha sección de descargas na que se poden atopar debuxos para colorear, debuxos para recortar, un protector de pantalla e dous fondos de escritorio.
Unha característica interesante se é ben xestionada, é a posibilidade de se poñer en contacto con quen xestione o mantemento da aplicación a través de mensaxería.
Conta tamén cunha guía descargable en PDF onde se explica o funcionamento dos diferentes xogos e se nos ofrecen unha serie de consellos para unha utilización correcta do ordenador por parte das nenas e nenos.
Bótase en falta a existencia na aplicación dunha páxina de créditos onde lles poidamos poñer nome ás persoas responsables do que estamos a utilizar, tanto a quen teña a autoría como a todas e todos aqueles profesionais (debuxantes, dobradores, etc.) que colaboraron na elaboración do produto final.
É mágoa non saber da autoría deste material coma doutros que publica a consellaría e bótase tamén en falta unha páxina de créditos
Etiquetas:
3 anos,
4 anos,
5 anos,
DXPL,
Educación Infantil,
EI,
Fervello,
Interdisciplinar,
xogos
Abril 24th, 2009 at 9.28 p.m.

flocos.tv, unha páxina creada pola Axencia Audiovisual Galega, dependente da Consellería de Cultura tense convertido desde a súa creación en cita imprescindible no mundo da cultura audiovisual galega, é o vídeoclub on line da nosa cinematografía.
As producións organízanse en catro tipos: ficción, animación, documental e experimental.
Tamén ofrece outra sección para ciclos. Aí podemos atopar algúns claramente aproveitables no ensino: A lingua animada, A Guerra Civil ou Memoria de Muller.
A páxina ofrece tamén unha estrutura de rede social de tal xeito que podemos puntuar as obras, facernos fans, realizar comentarios, establecer amigos no noso perfil ou acceder ás páxinas dos directores.
Esta iniciativa de momento parece ter unha acollida máis que exitosa con máis de 1.000 usuarios rexistrados en dous meses, segundo Martin Pawley.
Máis información en Días estranhos.
Etiquetas:
animación,
Audiovisuais,
cine,
compilación,
curta,
curtametraxe,
documental,
experimental,
ficción,
flocostv
Abril 24th, 2009 at 8.52 p.m.

Gallaecia Cinema é unha distribuidora de cine galego onde podemos atopar:
- Longametraxes, curtametraxes e documentais.
- Series da TVG: Mareas vivas, As leis de Celavella, Terra de Miranda.
- E coleccións de cine galego.
Estes materiais poden constituír útiles ferramentas en múltiples disciplinas.
Etiquetas:
Audiovisuais,
cine,
curtametraxe,
documental,
serie,
tv
Abril 23rd, 2009 at 8.46 p.m.

Na punta da lingua, a páxina da profesora de LGL Rosa Salgueiro, que imparte docencia no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces , é a mellor compilación de materiais educativos para lingua e literatura galegas que eu coñezo. Agrupa os contidos ao redor de tres eixes: lingua, literatura e lectura. Despois dentro de cada un aínda podes atopar subdivisións temáticas (como no caso da páxina de lingua) ou cronolóxicas (como na parte dedicada á literatura). En primeiro lugar aparecen as creacións propias ou en colaboración con outras persoas e despois todo o que foi recompilando pola rede. Completa este material co blogue do mesmo nome. Imprescindible.
Etiquetas:
blogue,
compilación,
Lectura,
lingua,
literatura,
Na punta da lingua,
Rosa Salgueiro
Abril 23rd, 2009 at 7.21 p.m.
Cando a poesía conquistou a rede é un artigo aparecido hoxe no xornal A Nosa Terra cun vídeo e diversos enlaces interesantes sobre o tema.
Etiquetas:
1975-hoxe,
a nosa terra,
Antía Otero,
blogue,
Cruz Martínez,
Eduardo Estévez,
Estíbaliz Espinosa,
Lara Bacelo,
literatura,
Literatura galega,
María Lado,
Marta Dacosta,
O Leo,
poesía,
Raida Rodríguez,
Rosa Enríquez,
videocreación
Abril 22nd, 2009 at 1.45 a.m.

Este blog xorde como plataforma para realizar unha recollida o máis organizada posible dos contidos do grupo Aprendo en galego da rede social Blogaliza.
O grupo nace o 15 de abril de 2009 para dar conta de todo tipo de materiais e iniciativas útiles para aprender que teñan como lingua vehicular o galego.
Esta iniciativa non pretende limitarse ao ensino da lingua e literatura galegas senón que ten por obxecto calquera materia ou disciplina.
Etiquetas:
Administración